

O negro do Licor Café
Hai moitas formas de elaborar licor café. Nas destilerías traballan baixo unhas normas, pero a xente que elabora licor café caseiro, ten os seus truquiños propios, para facelo así, único. Eva Diz, cóntanos como leva a cabo ela o proceso de elaboración do seu licor café, o que usa para consumo propio nas festas nas que xunta a toda a familia.
Eva tamén nos contou unha anécdota que nos resultou curiosa...
Eva é de Verín, e cando chega a época máis esperada na vila, o Entroido, embotella coas súas amigas o licor café para bebelo de sobremesa nas cenas.
Unha desas veces estaban na cociña de Eva embotellando, coa porta cerrada. A nai de Eva entrou e dixo: "ides marearvos con este cheiro a alcohol". Ao cabo dun rato, o canario que tiña Eva, desmaiouse.
Esto son os riscos que se corren nestas situacións.
Un pouco de historia
E aquí, uns poucos datos máis:
A finais do século XIX prohibese a destilación dos bagazos para a produción de augardentes, debido a que se aceptou a idea de que a augardente tiña un compoñente tóxico que podía ser letal.
En 1911 establécese un réxime especial para Galicia, en virtude do cal, en cada campaña e nalgúns concellos, se autorizaba a destilación dos bagazos, coa obligación de que terminada a destilación se depositara o capecete ou capuchón do aparato de destilación no concello correspondente.
Este feito quedou illado no pasado ata que saltou unha noticia no ano 2013 que dicía o seguinte:
E o 20 de novembro de 2018, despois de 5 anos, saía unha noticia relacionada coa perigosidade que implica facer licor na casa: