top of page
Se queredes ver a quen visitamos, ollade o mapa:
VÍDEOS

Diego Soto é o dono e o único encargado da destilería Ecos da Pedra, un pequeno proxecto que creou fai 10 anos para comercializar un licor único; Icatú, e para levar a cabo pequenos proxectos musicais e artísticos.

Óscar Santórum é o dono da tradicional tenda de Licores Santórum situada no casco antigo de Ourense. Alí comercializa moitos tipos de bebidas etílicas, pero a máis querida e desexada polos seus clientes é o Licor Café. Contounos moitas curiosidades sobre él e informounos dos desoñecidos perigos do licor feito en casa.

WhatsApp Image 2018-12-02 at 12.40.18.jp

Nunha casiña preto de Padrón, Maruja e seu marido preparan Licor Café. Teñen as ferramentas precisas para elaborar a destilación xa que houbo temporadas nas que pedían o permiso á Xunta, cando vivían diso.

Agora que xa están xubilados, prescinden de obter a licencia para poder destilar xa que ten un prezo de 700€ e unha vixencia de 15 días.

Non querer se gravados na entrevista para non arrisgarse ás multas de ata 9.000€.

A xente lévalles a materia prima, e eles trabállana para conseguir o licor café. Con ingredientes de primeira mán, venden o litro a 3 euros.

Cóntanos, preto da lareira que crea o ambiente galego e rural propio do Licor Café, que a xente prefire o bebida caseira.

Neste recuncho mézclase a tradición cos resquicios de profesionalidade.

Como é o proceso de elaboración?
Onde se consume o licor café?
Cal é o truco para que o café sexa absorvido polo aguardente?
Canto aforran os produtores de licor café caseiro ilegal?
Que diferencias hai entre o licor caseiro e o regulado?
Noribérica de Bebidas - Concha García
00:00
Destilería NorIbérica - Concha García
00:00
Destilería NorIbérica - Carlos Saavedra
00:00
Destileria NorIbérica - Concha García
00:00
Destileria NorIbérica - Concha García
00:00
LEXISLACIÓN 

MEDIDAS CONTRA O MERCADO NEGRO DO LICOR CAFÉ 

1.

Ideación de mecanismos de control máis efectivos para inspeccionar e lograr avaliar o mercado ilegal, procedente de Portugal, que supón o 70% do consumo de Galicia. 

2.

Impoñer maiores sancións aos locais de hostelería que serven o licor café caseiro. Actualmente, a multa mínima é de 2.000€ por falta de precinto nunha “botella branca”.

3.

Unha maior intervención de Sanidade nos locais de hostelería para avaliar as condicións sanitarias da bebida destilada (perigo de xeración de ácido cético ou alcohol metílico).

4.

Concienciar para eliminar os prexuízos que asocian o Licor Café regulado con produtos químicos e ingredientes artificiais.

5.

Rebaixar o imposto especial sobre o alcohol, que supón o 60% do precio da botella, e incrementar as sancións sobre os distribuidores de licor ilegal.

6.

Prolongar a vixencia dos permisos da Xunta -actualmente só duran 15 días- para os elaboradores de licor café caseiro.

LOGOTIPO MULTIMEDIA.jpg
Para calquera consulta, non dubides en contactar con nós!

¡Gracias! Mensaje enviado.

bottom of page